Falece un ciclista atropelado por un camión en Marín

   Un ciclista de 41 anos, C.H.F, faleceu este xoves tras ser atropelado por un camión cando circulaba por unha estrada situada no municipio pontevedrés de Marín.

Segundo informaron fontes da Dirección Xeral de Tráfico, o accidente tivo lugar ás 17.28 horas na PO-11, vía que une os municipios de Pontevedra e Marín, ao seu paso por Os Praceres.

Fontes sanitarias detallaron que ao lugar se desprazou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada para poñer atención na vítima, que resultou falecida.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar