Ferido polo seu propio coche

 

   Un home duns 40 anos de idade resultou ferido ao ser atropelado polo seu propio vehículo tras deixalo estacionado nunha rúa con grande pendente na mañá deste venres en Vigo.

Segundo a información facilitada polo 112 e a Policía Local a Europa Press, o atropelo tivo lugar sobre as 9.05 horas na rúa Peligros de Vigo, onde un condutor deixou o seu turismo estacionado nunha zona de forte pendente e cando ía camiñando foi arrastrado polo seu coche.

O 061 desprazou ao lugar do incidente unha ambulancia medicalizada que trasladou ao Hospital Xeral de Vigo ao home ferido que responde as iniciais M.B.G.

Fontes policiais comentaron que, polo momento, descoñecense as causas polas que o turismo estacionado se desprazou e arrastrou o home.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar