Os comerciantes galegos calculan facturar nas rebaixas 700 millóns

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, calcula que a facturación durante o nadal e as rebaixas pode alcanzar os 700 millóns de euros en Galicia, dos que 70 corresponderíanse coa provincia de Lugo.

Seijas cifra o gasto medio por galego «en torno aos sesenta ou setenta euros» para as rebaixas que se iniciarían o próximo día 7, aínda que coa nova lei que liberaliza os horarios e o período de descontos son xa moitos os establecementos que empezaron os descontos.

O presidente do sector en Galicia reiterou o seu «rexeitamento» pola liberalización que, sobre todo en rebaixas, dixo que ten claro que «vai desorientar aos consumidores porque non sabe cando é o momento idóneo para comprar». «Nós nunca defendemos isto e non vai ser bo nin para o comercio, nin para o consumidor», apostilou.

Non obstante, a Federación Galega do Comercio recomendou, «polo menos manter esa unión para empezar todos polo menos a partir do primeiro de xaneiro e intensificar a partir do sete a campaña e respectar as datas como se viñan respectando en anos anteriores».

«É un consello, que creo que a maioría vai respectar pero haberá de todo», concluíu José María Seijas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar