Matouno o seu propio tractor en Agolada

Un home de 49 anos de idade faleceu este martes mentres trataba de reparar un tractor e o vehículo pasoulle por encima, informaron fontes do 061.

O accidente produciuse cara ás 13.50 horas, no municipio de Agolada (Pontevedra), cando o home intentaba arranxar o tractor e, segundo o relato das persoas que deron a alerta, unha roda pasoulle por riba da cabeza.

Ao lugar desprazouse unha ambulancia asistencial con persoal do punto de atención continuada (PAC) de Lalín, que non puido facer nada por salvar a vida do home, J.P.B., que faleceu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar