130 nenos participan nos campamentos abertos de Vive o Nadal en Compostela

 

Continúan desenvolvéndose os Campamentos Abertos de Nadal, actividades de conciliación familiar e laboral programadas pola Concellería de Centros Socioculturais no marco de Vive o Nadal. Estas actividades realízanse dende o 26 de decembro e ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais das Fontiñas, O Ensanche e Conxo, e nos locais socioculturais das parroquias rurais da Gracia, Nemenzo e Figueiras.

Un total de 129 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos participa nas actividades programadas nestes centros en horario matinal. Xogos dirixidos, saídas culturais, obradoiros artísticos, maxia, cociña, baile, actividades de reciclaxe e outras dan contido a unha iniciativa da que os rapaces xa disfrutaron durante tres xornadas.

A programación en todos os centros e locais complétase con obradoiros, actividades festivas e as visitas do Paxe Real, que conseguirá recoller todas as cartas para entregarllas ás Súas Maxestades antes do 6 de xaneiro.

Medrar en familia
Por outra parte, están previstos dous novos obradoiros para bebés na Casa das Asociacións de Cornes, tras o éxito dos primeiros xa realizados. «Mamá, papá, ¿a que saben as cores?» celebrarase o mércores 2 de xaneiro ás 18:00 horas, mentres que o obradoiro «¿Que fago coas mans?» terá lugar o xoves 3 de xaneiro ás 11:00 horas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar