Cancelan unha festa de fin de ano en Vilagarcía que desatara a alarma social

A Federación de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de Galicia (Fesdiga), calcula que haberá entre 600 e 800 festas ilegais de Fin de Ano en Galicia, o que supón un descenso respecto ao ano anterior, cando estimaron entre 1.000 e 1.500.

Os responsables do sector achacan esta baixada á crise, a medidas como a suba do IVE e tamén para os efectos do caso do Madrid Area. Aquela traxedia xerou unha especie de psicose que en moitas ocasións encontra alimento nas redes sociais.

Esta alarma social afectou á Port Party, festa de Fin de Ano programada na Tasca da Mariña, o restaurante do porto deportivo de Vilagarcía de Arousa. Sobre este evento, difundirse un rumor que apuntaba que mil persoas ían participar na nela e dende a organización trataron de «desmentir todos eses rumores de que somos 1000 persoas e todo iso, dende un principio se dixo que era aforamento limitado», segundo apuntan os organizadores.

Finalmente, a organización de Port Party encontrouse ca negativa da concesionaria da instalación, Marina Vilagarcía S.A., a que alí teña lugar o evento. O motivo que levou a esta decisión débese a un estrito cumprimento das condicións do contrato asinado entre Marina Vilagarcía e o arrendatario do local, no que se recollen condicións como un aforamento máximo de 130 persoas para servizos de cafetaría e restaurante, pero en ningún caso se ofrece a posibilidade de utilizar o local para outras actividades. Este condicionante é ao que se agarra a empresa para non permitir que alí se celebre a festa.

O problema xurdiu pola decisión da organización de numerar as entradas de forma salteada sen unha orde «iso fai máis difícil falsificalas porque non sabes que numeros se venderon e cales non», ademais reiteran que o establecemento ten «o seu seguro de responsabilidade, os seus porteiros, camareiras, etc todo en orde».

En total vendéronse 400 entradas a 25 euros cada unha, o que responde ao aforamento autorizado da Tasca da Mariña.

Familiares dalgúns mozos que anunciaron a súa participación na festa dirixíronse ao alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, para mostrarlle a súa preocupación. A organización destaca que, por tratarse dun local de concesión portuaria, a consulta se canalizou, precisamente, a través da Autoridade Portuaria.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar