As cifras dos Presupostos que permitirán cumprir coa reducción do déficit

As cifras dos Presupostos en PDF

 

As contas para o vindeiro ano permitirán cumprir coa redución do déficit ao 0,7% do PIB, case a metade deste exercicio, e seguirán incrementando o peso do gasto social, xa que os recursos achegados á educación, á sanidade e aos servizos sociais subirán ata o 77%, case 9 puntos máis que en 2009.

O gasto non financeiro da Xunta será de 8.479 millóns de euros, lixeiramente por debaixo do teito aprobado o pasado mes de agosto e un 2,5% inferior á capacidade de gasto deste ano, unha caída que se debe en grande medida ao feito de que Galiciacontinuará reduciondo o seu déficit e se endebedará en 2013 en 464 millóns de euros menos que en 2012. O Goberno galego actuou con responsabilidade durante toda a
lexislatura pasada e controlou o seu endebedamento en todo momento, sen sobrepasar nunca os límites autorizados polo Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF).

Como consecuencia desta prudencia, Galicia pasou en catro anos de ter unha ratio débeda/PIB superior á media a estar de maneira sensible por debaixo, pois foi a terceira comunidades autónomas que menos incrementou o seu endebedamento durante a época de crise, desde finais do ano 2007.

As prioridades das contas autonómicas serán continuar un exercicio máis garantindo a solvencia da Facenda autonómica e o mantemento da prestación dos servizos públicos esenciais. O Goberno autonómico, con 2.100 millóns de euros menos de capacidade de gasto, no nivel do ano 2006, ten que ser capaz de prestar os servizos públicos que os galegos necesitarán en 2013.
A Xunta compatibilizará esta blindaxe das áreas sociais co maior esforzo posible en investimentos e liderará ás comunidades en esforzo investidor, tal e como fixo este exercicio e tal como se reflicte nos últimos datos comparativos dado a coñecer polo Goberno central sobre a execución orzamentaria a 30 de setembro.
En canto ás previsións económicas, 2012 pecharase algo mellor do esperado cando se presentou en agosto o teito de gasto, polo que o comportamento será do -1,1%, dúas décimas mellor do agardado, co que tamén se confirma que terá unha mellor evolución que a española.

 

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar