Rodríguez Miranda sustitue a Camba na Secretaría Xeral de Emigración

O deputado do PPdeG e voceiro desta formación, Antonio Rodríguez Miranda, substitue dende agora  a Santiago Camba á fronte da Secretaría Xeral de Emigración; mentres que a súa compañeira de escano Susana López Abella repetirá na Secretaría Xeral de Igualdade.

O acto de toma de posesión celebrouse no despacho do presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Rodríguez Miranda, concelleiro en Allaríz, non manterá o seu terceiro posto na dirección do PP de Galicia que, en todo caso, será obsecto de revisión no Congreso do partido o dia 19 de xaneiro en Lugo

Nunha recente  de prensa posterior ao Consello, e preguntado por esta cuestión, Feijóo adiantou a súa opinión de que será «moi difícil» compatibilizar o cargo institucional co do partido.

Feijóo tivo palabras para destacar o «excelente labor» de Rodríguez Miranda, e remarcou que foi requirido por el para ocupar o posto que aceptou ocupar e para o que foi designado no Consello.

Para o mandatario autonómico, é «importante» que un «deputado experimentado» como Rodríguez Miranda ocúpese da comunidade que representa a emigración galega, e agradeceu a disponibilidad mostrada polo xa alto cargo da Xunta.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar