Pechan o aparcadoiro sen licenza do Hospital de Ourense

O Concello de Ourense ordenou que se clausurase de xeito definitivo o aparcadoiro sen licenza das inmediacións do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). O recinto, que se encontraba en terreos de Mariñamansa cedidos polo goberno local ao Sergas para a ampliación do complexo sanitario, era utilizado polos empregados do hospital ourensano.

O «leirapárking» do CHUO rexistraba a presenza duns 500 vehículos diarios e a pesares de tratarse dunha instalación sen licenza establecéranse varias quendas que regulaban o acceso ao interior do terreo onde os empregados do hospital, estacionaban os automóbiles co permiso da xerencia do mesmo, permanecendo pechadas a cal e canto o resto do día.

Malia que o primeiro requirimento chegoulle ao Sergas en febreiro do 2011, o aparcadoiro seguiu operativo durante case un ano ata que o pasado sábado a Policía Local de Ourense precintou o lugar. A principios de setembro, a Policía Local tamén interveu para pechar un terreo privado en Portalón do Casar onde tamén se estacionaban coches, neste caso previo pagamento.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar