PPdeG traballa nuns estatutos para fortalecer a estructura do partido e a delegación de voto

Os Estatutos que sairán do XV Congreso do PPdeG terán algúns cambios significativos. O equipo relator aínda está  traballar no texto definitivo (o prazo de entrega remata o xoves 27 de decembro) pero hai varias cuestións que xa recollen o borrador da ponencia.

 

En primeiro lugar, os populares regularán estatutariamente a posibilidade da delegación do voto das mulleres embarazadas en votacións internas nos órganos do partido. Así, o PPdeG quere implementar decisións simbólicas que sirvan de inspiración a outras organizacións políticas, sociais ou empresariais para avanzar no eido da conciliación da vida familiar e laboral.

 

O feito de que os populares inclúan esta medida no seu regulamento interno implica o interese que ten o partido en socializar o seu funcionamento. Así, esta decisión sumarase a outras coma suspensión no pago das cotas a aqueles militantes que se encontren en situación de desemprego, unha iniciativa que xa implementou o Partido Popular a nivel nacional a petición do PPdeG.

 

A nova ponencia de Estatutos (que deberá ser refrendada polos 2.000 compromisarios que participarán no Congreso do PPdeG que terá lugar en Lugo o 19 e 20 de xaneiro) recolle outras novidades. Así, regulará o uso das redes sociais como un dos vehículos de comunicación máis importantes do partido. Por primeira vez as normas internas do PPdeG recollerán de forma expresa a necesidade de participar de forma activa na comunicación online, clave para eliminar intermediarios entre os políticos e os cidadáns, e cruciais para atraer aos máis novos ata vida política.

 

Por último, os populares prevén un fortalecemento da súa estrutura interna. Tras superar as vindeiras eleccións previstas no calendario (as europeas de xuño de 2014) chegarán as municipais de maio de 2015, un momento para o que o PPdeG quere estar na mellor das disposicións para revalidar ou mellorar os magníficos resultados colleitados no 2011. Para iso, mellorarase o funcionamento das xuntas locais e avanzarase na coordinación das xuntas comarcais. Ditas decisións teñen por obxectivo acercar o partido a pé de rúa e facilitar o contacto entre os órganos do PPdeG e os cidadáns.

 

Ese rearme dos populares non só terá efectos sobre o funcionamento interno dos equipos en comarcas e concellos, senón tamén sobre as persoas que compoñen ese grupos de traballo e sobre as ideas que defenderemos desde estas siglas. Por iso, este XV Congreso do PPdeG non é un episodio interno illado na vida dos populares senón que representa un primeiro paso ao que seguirán outros en forma de congresos provinciais e locais.

 

O Partido Popular de Galicia é un exemplo á hora de acertar na celebración de Congresos, tanto seleccionando persoas como acertando coa liña política que queren a inmensa maioría dos galegos.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar