Teófilo Comunicación presenta «O pasado nunca pasa para Pontevedra»

 

 

Teófilo Comunicación presentou hoxe, nun acto que tivo lugar a partir das 18 horas no Auditorio de Novacaixagalicia de Pontevedra, e cunha grande afluencia de público, dous novos libros editados pola súa división editorial, Teófilo Edicións, que levan por título “50 años Basílica de Santa María la Mayor” e “O pasado nunca pasa Pontevedra”. As dúas publicacións teñen o denominador común de ter á capital do Lérez e aos pontevedreses como protagonistas.

 

O acto desenvolveuse en dúas partes, unha por cada un dos libros presentados, que contaron con proxeccións de vídeos, actuacións musicais coa Coral Polifónica de Pontevedra, a cantante Rosa Leiro e unha representación artística a cargo da actríz Mela Casal. Interviron con breves alocucións personais o expárroco da Basílica de Santa María, Jaime Vaamonde; o arquitecto César Portela; Xosé  e Xabier Fortes, pai e fillo; o escritor Alfredo Conde;  e o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores; ademáis do editor, José Luis Teófilo.

 

Tamén, e por decisión do editor, unha parte da recadación pola venda de exemplares de ambas publicacións será destinada á institucións benéficas da cidade. En concreto, a Cáritas Interparroquial de Pontevedra, no caso do libro da Basílica de Santa María; e á Asociación de Familiares de Enfermos de  Alzheimer de Pontevedra (AFAPO), no de  O pasado nunca pasa”.

“O pasado nunca pasa.Pontevedra” é a continuación dunha colección de libros iniciada coa publicación do libro de Santiago de Compostela. En concreto esta publicación recolle unha seleción de preto de dous mil fotografías da capital do Lérez, da segunda metade do século XX amosando a súa realidade e evolución tanto nos ámbitos urbanístico, social, ou de desenrolo económico ata o deporte e o ensino, pasando polas tradicións e festas populares. Nesta recompilación retrospectiva non faltan destacados persoeiros que deixaron pegada do seu paso pola capital pontevedresa.

 

 

Este ambicioso proxecto editorial conta tamén cun orixinal apartado baixo o epígrafe “Tal como eramos” no que se amosan retratos de familias pontevedresas, unha colección de entrañables imaxes facilitadas por todos aqueles que amosaron o seu interese por participar nesta publicación.

 

Pola súa parte, co libro “50 años Basílica Santa Mª la Mayor” Teófilo Comunicación quere deixar testemuña dunha realidade incuestionable dunha das máis destacadas mostras do gótico isabelino de Galicia, que mereceu ser cualificada por López Ferreiro como  “a perla do arte galego”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar