Unha falecida tras colisionar contra un camión cisterna en Negreira

 

  Unha muller resultou morta na mañá deste xoves tras colisionar o vehículo que conducía de xeito frontal contra un camión cisterna no municipio coruñés de Negreira.

Segundo informou a Europa Press a Central de Emerxencias 112-Galicia, o suceso tivo lugar pouco despois das 8.00 horas deste xoves na estrada que une Bertamiráns con Negreira, no lugar de Ponte Maceira, nas inmediacións da fábrica de Feiraco.

Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, do Grumir de Brión e dos Bombeiros de Santa Comba, que tiveron que excarcerar a muller, que quedara atrapada no turismo. Asismismo, tamén acudiu unha ambulancia do 061, que só puido certificar a morte da vítima.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar