Mensaxe de esperanza de Ángel Currás para o ano vindeiro

 

Celebrouse no salón vermello de Raxoi a tradicional recepción de Nadal aos traballadores municipais, presidida polo alcalde compostelán. Tanto Ángel Currás como a concelleira de Persoal, Amelia González, expresaron o seu desexo de que, tamén para os funcionarios públicos, o 2013 sexa menos dificultoso que o 2012 e que no novo ano se albisque un «horizonte de esperanza» fronte á crise económica.

O alcalde realizou un recoñecemento ao traballo diario dos empregados municipais fronte á «banalización» do concepto de funcionario, e aínda máis no actual contexto económico de crise. Neste sentido, malia lamentar os axustes, lembrou que «neste Concello non hai despedimentos coma noutros, e as condicións dos seus traballadores son mellores que as doutras administracións». A esta mesma cuestión se referiu a concelleira de Persoal, Amelia González, quen indicou que «non son bos momentos para ninguén», pero «temos que celebrar que todos seguimos aquí».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar