Santiago rexistra con 161 litros as precipitacións máximas da última semana

   Santiago de Compostela, con 161 litros por metro cadrado, rexistrou as precipitacións máximas en España na última semana, na que as chuvias afectaron ás cuncas da Vertente Atlántica.

Así, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a cunca Miño-Sil está ao 51,8 por cento da súa capacidade e a Galicia Costa ao 66,7 por cento.

En concreto, na cunca Miño-Sil hai 1.570 hectómetros cúbicos de auga embalsada, fronte aos 1.366 da semana pasada; e na Galicia-Costa, un total de 456 fronte aos 373 hectómetros cúbicos de hai sete días.

En total, a reserva hidráulica española está ao 54,1 por cento da súa capacidade total e actualmente hai 29.942 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que representa un aumento durante este período de 670 hectómetros cúbicos (o 1,2%) con respecto aos niveis da semana anterior.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar