Identificado un implicado presuntamente nun atropelo con fuga en Ferrol

 

   A Policía Local de Ferrol identificou un vehículo e a un home, o seu condutor, presuntamente implicados nun atropelo con fuga na estrada FE-13, no que resultou ferido grave un peón.

O sinistro tivo lugar o pasado 23 de novembro e a localización de presunto autor do atropelo realizouse o 13 de decembro na veciña localidade de Mugardos.

Segundo a Policía, o vehículo deuse á fuga tras o atropelo, sen deixar restos nin indicios pola zona, se ben unha testemuña logrou quedar con parte da matrícula do coche. A mesma testemuña tamén facilitou algúns datos descritivos do condutor.

Os axentes locais fixeron as xestións de comprobación da matrícula e comezaron a inspección de vehículos coincidentes en marca e modelo. En pasado día 13 localizaron en Mugardos un vehículo coincidente co buscado e tomaron declaración ao condutor.

Aínda que inicialmente o home negou participar no atropelo, finalmente rematou por recoñecer os feitos. Neste momento están en curso as dilixencias xudiciais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar