Os PP de Ourense analiza o fenómeno das redes sociais

 

Membros do PPOU analizaron o impacto das redes sociais, a reputación e as crises online, nunha sesión formativa que impartiu Christian Delgado von Eitzen, enxeñeiro de Telecomunicacións e experto en Social Media Management.

Dentro das actividades organizadas na Escola de Formación «Roberto Padilla» do Partido Popular de Ourense, hoxe tivo lugar na sede dos populares unha sesión formativa sobre redes sociais, reputación online e xestión das crises online.

A presentación desta sesión correu a cargo do secretario provincial, Rosendo Fernández, así como polo responsable da Escola de Formación «Roberto Padilla», César Blanco. Ambos destacaron a enorme importancia e influencia que teñen as redes sociais hoxe en día, polo que incidiron na importancia de iniciativas formativas como a organizada polos populares para optimizar mellor a xestión destas ferramentas.

O cursiño, que estivo impartido por Christian Delgado von Eitzen, enxeñeiro de Telecomunicacións e experto en Social Media Management, analizou polo miúdo o funcionamento e claves das dúas redes sociais máis populares (Facebook e Twitter), así como as boas prácticas para soster unha correcta e axeitada reputación online. Tamén se abordaron claves acerca das crises online, coa análise dos plans de emerxencia e xestión destas situacións.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar