O Senado acollerá un busto de Manuel Fraga

 

   O Senado acollerá un busto do expresidente da Xunta de Galicia e presidente fundador do PP Manuel Fraga, que culminou a súa traxectoria política na Cámara Alta despois dunha carreira de máis de 60 anos na vida pública.

A Mesa do Senado aprobou por unanimidade este martes, a instancia do Partido Popular, a colocación dun busto de Fraga nas súas instalacións. A Cámara xa acolle os doutros senadores como Ramón Rubial, Enrique Casas ou Manuel Giménez Abad.

Fraga, relator e ‘pai fundador’ da Constitución de 1978, faleceu o pasado 15 de xaneiro. Comezou a súa carreira política en 1951 chegando a ser ministro de Información e Turismo durante o franquismo e embaixador no Reino Unido. Tamén foi vicepresidente e ministro de gobernación no primeiro goberno baixo reinado de Juan Carlos I, presidido por Carlos Arias Navarro.

En 1976 fundou Alianza Popular e colaborou na redacción da Constitución Española. Anos despois, en 1989, refunda AP que pasa a ser Partido Popular e do que se faría cargo José María Aznar, que foi designado candidato á presidencia do Goberno.

Manuel Fraga presidiu a Xunta de Galicia dende 1990 ata 2005. Dende 1990 era presidente honorífico do Partido Popular e dende 2006 senador designado polo Parlamento galego.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar