A ONCE reparte 350 mil euros en Arteixo

O cupón da ONCE deixou 350.000 euros no centro urbano da localidade de Arteixo (A Coruña), onde se venderon 10 cupons premiados con 35.000 euros cada un no sorteo celebrado este luns, día 17, segundo informa esta organización.

Cristina Cotelo, natural e veciña da localidade, foi a vendedora que repartiu a sorte coa venda de nove adquiridos por clientes dun mesón, situado no centro urbano de Arteixo.

Sobre o décimo cupón, non hai constancia, segundo a ONCE,  de onde puido ser adquirido xa que esta vendedora exerce a súa actividade como vendedora ambulante por diversas zonas deste municipio coruñés.
Cristina Cotelo é vendedora de cupón desde fai catro anos. Aquejada dunha discapacidad psíquica, está casada con outro vendedor de cupón e teñen unha filla.

Segundo a ONCE, Arteixo é unha das localidades galegas máis afortunadas, xa que o pasado 26 de maio tocaron neste municipio 250.000 euros en premios e o pasado 28 de outubro repartíronse máis de dous millóns de euros nunha romaría popular.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar