O concello de Vigo cambia a tarificación da auga

Abel Caballero anunciou este luns que, ao longo de 2013, o goberno local cambiará a nova tarificación do recibo da auga en Vigo, que hoxe en día «non se adapta nin ás necesidades de Vigo nin dos cidadáns», ao facelo por tramos. O Concello recibiu o estudo encargado á concesionaria e os técnicos valorarán agora o texto.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu para 2013 o cambio no sistema de tarificación do recibo da auga, unha vez os técnicos e os xurídicos municipais valoren o estudo encargado e elaborado por Aqualia, a empresa concesionaria do servizo.

Coa recepción deste estudo, «temos as bases», indicou Caballero, para cambiar un sistema que tarifica por tramos de consumo desde «hai 20 anos», e «seguramente é a primeira vez» que un goberno local encarga un documento para cambialo. O alcalde adiantou que o goberno que preside «liderará» a nova tarificación para modificar unha fórmula de cobro que «non se adapta nin ás necesidades de Vigo nin dos cidadáns».

Para instaurar o novo modelo de cobro, o rexedor dixo que primeiro os técnicos e xurídicos do Concello analizarán o estudo elaborado pola concesionaria «de forma urxente», pois para tomar unha decisión «queremos ter as bases acreditadas polos xurídicos e técnicos do Concello». «A partir de ahí, acometeremos unha nova tarificación da auga nesta cidade», que será en 2013 e «en función dos intereses dos cidadáns de Vigo».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar