Oitocentos patinadores utilizaron xa a pista de xeo de Santiago


A concelleira de Comercio, Reyes Leis informou en rolda de prensa, dos datos da pasada fin de semana da pista de xeo da Alameda, pola que pasaron 820 patinadores e 2.050 visitantes.

A pista de xeo estará aberta ata o 3 de febreiro, cos seguintes horarios:

– Período lectivo: luns a xoves, de 9:00 a 14:00 (só centros escolares) e de 17:00 a 21:00 horas; venres, de 9:00 a 14:00 (só centros escolares) e de 16:30 a 22:00 horas; sábados e domingos, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Haberá sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.

– Período de vacacións de Nadal: luns a domingo, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.

A entrada xeral por 57 minutos, con patíns incluídos, custa 7,5 euros e, sen patíns, 4,5 euros. A entrada xeral sen limitación de tempo custa 10 euros con patíns e 5,5 euros sen eles. Hai un prezo especial para as entradas dos escolares, a 4 euros cos patíns. Ademais, existe a posibilidade de adquirir unha cartilla de 10 euros que facilita descontos en función do número de veces que se pase pola pista.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar