O BNG agarda que o debate sobre las Caixas depure responsabilidades políticas

O voceiro do Grupo do BNG no Parlamento de Galicia, Francisco Jorquera, recordou que o martes se aprobará a comisión de investigación das caixas e asegurou que esixirá que sirva para «depurar responsabilidades políticas». Así mesmo, tras considerar que a Xunta ten «unha responsabilidade evidente» no acontecido, indicou solicitará a comparecencia do presidente, Albero Núñez Feijóo.

En declaracións aos medios tras reunirse en Vigo con membros do comité de empresa de Novagalicia Banco, Jorquera avanzou que se pedirán «moitas comparecencias», pero que a primeira que solicitarán será a do xefe do Goberno galego, pois, segundo engadiu, a Xunta tiña «competencias exclusivas» en materia de caixas de aforros e, ademais, lle correspondía a «tutela efectiva».

Tamén censurou que a «bancarización» das caixas de aforros está «abocando» a que en España se constitúa «un oligopolio a custa de sacrificar, neste caso, o sector financeiro galego».

Jorquera lamentou que se están a «cumprir os augurios de liquidación a prezo de saldo» do sector financeiro galego e, nese sentido, apuntou que a comisión de investigación chega «tarde, mal e a rastro». Así, acusou o PP de «estala a vetar» a pasada lexislatura por estar a esperar a que os feitos estivesen «practicamente consumados».

Segundo avanzou, o BNG esixirá que a comisión «permita saber para decidir», polo que demandou que se investigue «a fondo o desastre das caixas, que abocou practicamente á desaparición do sistema financeiro galego»; que se depuren «responsabilidades políticas» e que se extraan conclusións para poder definir qué sector financeiro se quere para o futuro.

BANCO PÚBLICO

Ao respecto deste último punto, defendeu que «a única forma de evitar o espolio do aforro» e, así, lograr a pervivencia do sistema financeiro galego é a conversión de Novagalicia nun «banco público galego». De feito, Jorquera avanzou que o martes se debaterá unha proposta non de lei do BNG sobre este asunto.

O nacionalista realizou estas declaracións tras reunirse con representantes do comité de empresa de Novagalicia Banco, e, nese sentido, explicou que o BNG, ademais de pedir que «se investigue con todas as consecuencias» o acontecido coas caixas ata chegar á situación actual e de reclamar un banco público, tamén fai un compromiso polo «mantemento do emprego», por evitar o peche de oficinas no rural e por que haxa «transparencia e se negocie calquera solución cos traballadores».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar