Galicia asume a presidencia do Observatorio de Artesanía

 

   Galicia asumirá a presidencia do Observatorio de Artesanía durante os dous próximos anos, en relevo da Comunidade Valenciana, co fin de realizar un labor coordinación entre as diferentes autonomías.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, a Comunidade galega desenvolver unha estratexia integral de apoio ao sector con máis de 155 comercios adheridos á marca Artesanía de Galicia e coa posta en marcha de catro espazos propios destinados á súa promoción e venda.

O Observatorio de Artesanía configúrase como un encontro entre as administracións públicas con competencias en materia de artesanía, un foro de diagnóstico e análise sobre a situación do sector en España.

Neste sentido, búscase concretar as recomendacións e liñas de actuación para promover a artesanía como valor tradicional, cultural e integrador.

Pola súa parte, a Consellería de Economía e Industria, a través da xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Diseño, Elena Fabeiro, asistiu á última cita do Observatorio que tivo lugar o 11 de decembro na sede valenciana. Neste encontro, abordáronse temas como a organización do evento Días Europeos da Artesanía, que terá lugar en abril de 2013.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar