O Concello compostelán convoca actividades de tempo libre para as vacacións dos cativos

 

A Concellaría de Centros Socioculturais oferta un ano máis un programa educativo de tempo libre para as datas das vacacións escolares de Nadal. Realizarase nas mañás dos días 26, 27, 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro, con horario de conciliación para as familias compostelás. Xa pode consultarse o listado de preinscritos en cada campamento. Unha vez pechado o prazo de inscrición, unicamente será preciso o sorteo, polo número de solicitudes recibidas, no caso do Campamento do CSC O Ensanche. O sorteo realizarase o xoves 13 de decembro ás 13:00 horas, no salón de actos do devandito centros.

Os xa admitidos deberán formalizar a matrícula do 14 ao 14 ao 20 de decembro, entregando o xustificante de pago no centro sociocultural onde se obtivera a praza. Ademais, á vista de que quedaron prazas vacantes nos centros de Conxo, Marrozos, Nemenzo e A Gracia, ábrese un novo prazo de inscrición ata cubrir as prazas.

O obxectivo deste programa é posibilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias compostelás nos tempo do Nadal, a través dunha oferta variada de actividades lúdico-educativas desenvolvidas no seo de centros socioculturais de cidade e das parroquias do rural, para o tramo de idade indicado. Haberá actividades plásticas, de expresión artística, obradoiros de refugallo, animación a lectura e xogos dinamizarán toda a mañá, de 9:30 a 14:00 horas, período no que os nenos estarán acompañados por monitores especializados.

A proposta desenvolverase en oito centros socioculturais, aumentando así a oferta respecto a anteriores convocatorias: CSC de Vite, CSC O Ensanche, CSC de Conxo e CSC das Fontiñas no ámbito urbano e, no ámbito rural, nos centros socioculturais das parroquias de Nemenzo, A Gracia, Marrozos e Figueiras, neste último caso á iniciativa da Asociación de Veciños Nova Xeira, coa colaboración da Concellaría.

A proposta contempla un total de 210 prazas destinadas á rapaces empadroados en Santiago, atendendo a idades diversas segundo o servizo escollido.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar