A popular Raquel Arias apela á «presunción de inocencia» da concelleira compostelá

A dirixente popular lucense e presidenta do Comité Organizador do XV Congreso do PPdeG, Raquel Arias, demandou este martes respecto á «presunción de inocencia» para Rebeca Domínguez, a edil do PP en Santiago de Compostela que foi citada a declarar como imputada no marco da ‘Operación Pokémon’.

«Non sabemos que se lle imputa exactamente», remarcou en declaracións aos medios Raquel Arias, quen recordou que, en todo caso, o alcalde de Lugo, o socialista José Clemente López Orozco, ten «imputacións xa claras» e «tras declarar no xulgado» segue sendo rexedor e presidente do PSdeG.

Así as cousas, demandou para a edil compostelana «a mesma presunción de inocencia que dende o PP se pide sempre para todos» e resaltou que a colaboración do seu partido coa Xustiza «sempre é máxima». «Como non pode ser doutro xeito», concluíu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar