Morre tras caerlle enriba a porta do garaxe

 

   Unha muller de56 anos de idade faleceu hoxe martes tras caer enriba do seu vehículo o portalón dun garaxe no termo municipal ourensano de Coles.

Os feitos tiveron lugar sobre as 12.40 horas na parroquia de Cambeo, no municipio de Coles, segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press.

Foron mobilizados o equipo de excarceración dos Bombeiros de Ourense, Protección Civil e a Garda Civil, ademais do 061, que desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada e un médico, que confirmou o falecemento da muller.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, a falecida é unha muller veciña da poboación de Cambeo, que sufriu un golpe na cabeza debido á caída da porta do garaxe.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar