A DXT aumenta os radares fixos e comeza os controis do Nadal

A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha dende hoxe, luns, un dispositivo especial de control de alcoholemia e drogas a condutores, que se estenderá ata o día 23 de decembro, segundo informa o propio organismo.

Tanto os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, coma os axentes das policías locais dos concellos adscritos á campaña aumentarán os controis sobre o devandito factor de risco, co obxectivo de realizar unhas 3.250 probas diarias de alcoholemia a condutores que circulen polas estradas, cun total aproximado previsto dunhas 45.000 probas a nivel nacional.

As probas non só realizaranse en horario nocturno, senón tamén en horas do medio día, para que os controis resulten tamén disuasorios de inxestión de bebidas alcohólicas durante as típicas comidas que son propias deste mes.

Segundo os datos facilitados, conducir despois do consumo de substancias psicoactivas é un feito «frecuente» en España xa que alcanza o 16,96 por cento dos condutores. Á parte do alcohol, case un 11 por cento de condutores colle o coche tras consumir algunha substancia (drogas de abuso) que poden afectar a capacidade para unha condución segura.

O cannabis (THC) e a cocaína son as dúas substancias máis frecuentemente achadas.

Aumento e cambio de ubicación dos radares en Galicia

Na rede viaria galega incrementaranse tamén os dispositivos fixos de control de velocidade, e algúns cambiarán de ubicación nos próximos días. Así, nos accesos á Coruña os condutores encontrarán próximamente en funcionamento dous dispositivos fixos novos. Un instalado na saída da ponte da Pasaxe en sentido Madrid, que subsitue a outro situado uns metros máis adiante pra vixiar un tramo no que houbo un aumento de accidentes por exceso de velocidade. O outro control ubicarase na Avenida de Alfonso Molina en sentido entrada á cidade coruñesa.

Tráfico prevé instalar tamén novos radares fixos, nas outras tres provicias. En Lugo, na nacional sexta preto da cidade e na autovía do Cantábrico. En Ourense na a-52, que facilitará ademáis o cobro das multas os infractores extranxeiros, que ata agora resultaba dificil identificar, posto que o novo radar fotografia a matrícula infractora e envialla a patrulla de tráfico máis próxima. E finalmente en Pontevedra, na A -55.

A DXT intenta disuadir cos novos radares os condutores de exceder á velocidade nos treitos que considera máis perigosos. En Galicia había ata o de agora, 26 radares fixos distribuidos por 52 puntos das estradas.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar