Outros dous concellos pontevedreses burlan a supresión da extra con «productividade»

 

Praza do Concello de Bueu

   Os concellos de Bueu e Poio, ambos os dous do BNG, como o de Pontevedra, compensarán aos seus funcionarios a supresión da paga extra de Nadal adoptada polo Goberno de Mariano Rajoy mediante complementos de produtividade, segundo explicaron a Europa Press os alcaldes, Félix Juncal e Luciano Sobral, respectivamente.

«É probable» que esta medida –cuxo primeiro impulsor foi o rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores– sexa recorrida polo Executivo central, admitiu Luciano Sobral, posto que, de feito, a Subdelegación del Gobierno xa requiriu información ao respecto ó casa de Poio.

Ao respecto, Sobral destacou que defenderá «a legalidade» da iniciativa e se é necesario acudirá á vía do contencioso, ao ser acordada co comité de empresa, cos sindicatos e cos traballadores e aprobada nunha sesión plenaria, ao igual que aconteceu en Bueu.

Segundo apuntou o alcalde de Poio, a diferenza con Bueu é que, mentres na primeira das localidades a intención é aboar os complementos por horas extras en xaneiro do ano que vén, Bueu o fará «por mensualidades». O alcalde nacionalista prevé cubrir un 85% da paga extra suprimida con esta actuación e resalta que os fondos que se utilizarán irán con cargo aos presupostos de 2013.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar