A rede wifi municipal de Ourense cumpre dous anos con 12 mil usuarios habituais

 

Usuarios en prazas públicas e parques da cidade

A rede municipal Ourense WIFI, posta en marcha polo Concello de Ourense en decembro de 2010, cumple o seu segundo ano de funcionamento, cun total de 12.334 usuarios únicos rexistrados, sendo máis da metade mozos entre 20 e 35 anos. O proxecto, cumpre co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías aos cidadáns e visitantes da cidade, ofrecendo acceso gratuíto a Internet as 24 horas, en 42 puntos de acceso da cidade e a súa periferia.

Os puntos wifi con maior actividade por parte dos usuarios da rede municipal son os seguintes: Praza de Covadonga, rúa de Lugo, Parque Barbaña, Serra Martiñá e Avenida de Santiago.

O informe de uso da rede Ourense Wifi reflexa un importante incremento na frecuencia de uso da mesma. Así, ao longo do mes de novembro se contabilizaron un total de 17.620 sesións -número total de conexións a Internet dos usuarios rexistrados-, duplicando o uso da rede no mesmo período do ano anterior, no que se contabilizaron 8.111 sesións de promedio por mes.

Neste último mes de novembro, o 75% dos usuarios son recurrentes (navegan de xeito habitual), e o 25% navigaron por primeira vez na rede empregando este servizo.

No referente a medios de acceso á rede, o 66% conectáronse a través de portátiles, e o 34% restante correspondeu a dispositivos móbiles -teléfonos, tabletas, etc.-. Con respecto ao idioma empregado, percíbese unha tendencia de emprego maior dos visitantes estranxeiros, cun 22 % de visitas realizadas en inglés ou francés.

A hora punta de navegación se sitúa na franxa horaria entre as 18 e as 19 h. da tarde, e case o 60% das visitas se concentran de xoves a domingo.

Nestes dous anos, o Concello conta na xestión do servizo co modelo sostible da empresa GOWEX, compañía especializada en Cidades Wifi intelixentes, que presta o mesmo servizo noutras cidades como Avilés, Burgos, Girona, Buenos Aires ou Burdeos, contribuíndo á difusión e promoción dos servizos de Internet no desenvolvemento da economía local.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar