Políticas sociais e crecemento centrarán o XV Congreso do PP de Galicia

Imaxe do anterior Congreso do Partido Popular de Galicia

 

O Partido Popular de Galicia subliña que as políticas sociais e o crecemento como meta de futuro serán os eixos básicos do seu XV Congreso que terá lugar, como xa se anunciou, en Lugo o vindeiro mes de xaneiro.

Así, os populares traballarán en tres textos marco que servirán de guía para o goberno interno da formación durante os vindeiros anos. Estas ponencias, que se presentarán no cónclave e poderán ser presentadas á Comisión de Organización ata o 27 de decembro, serán as seguintes: Estatutos e regulamento dun partido que cambia contigo, A crise como reto presente; o crecemento como meta de futuro, As persoas como prioridade dunhas institucións abertas.

Con estes textos, os populares queremos dar prioridade ao debate das ideas e das persoas. Queremos que sexa un congreso no que o protagonismo o asuman as ponencias, nas que identificarán os eixos de actuación do partido para dar resposta aos problemas da cidadanía na actualidade.

 CANDIDATURAS

Por outra banda, os populares lembran que o prazo para presentar as candidaturas para o Congreso remata o vindeiro martes. Cada candidato debe presentar un mínimo de 90 apoios ao Comité Organizador, presidido por Raquel Arias. Posteriormente, a partir do próximo venres, 14 de decembro, iniciarase a campaña electoral interna de cada aspirante para recabar apoios dos seus compañeiros de partido.

 

O 20 de decembro finalizará a campaña electoral interna e o candidato ou candidatos terán ata o 18 de xaneiro para presentar os seus avais e ata o 19 dese mes para presentar a candidatura.

 

Para os populares, os congresos constitúen unha das máximas expresións de democracia interna no seo dun partido e son fundamentais para que a formación se renove e actualice o seu ideario, para axeitalo ao sentir da sociedade actual e á situación que se vive.

 

O PPdeG aspira a celebrar un congreso sereno e sosegado. Esa é unha das grandes diferenzas que ten esta formación con respecto a outros partidos. Así mesmo, nesta cónclave levarase a cabo un debate sobre ideas e non sobre persoas, como sucede noutras formacións.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar