Xa están contratados tódos os tramos do AVE de Lubián a Ourense

Coa sinatura dun nova adxudicación entre Adif e a construcotra ACS todos os tramos do AVE galego entre Lubián (Zamora) e o acceso a Ourense, que suman 83 quilómetros, están xa contratados.

Traballos no túnel de Laza, iniciados días pasados

ACS adxudicouse a construción dun túnel da liña ferroviaria de Alta Velocidade (AVE) a Galicia ao seu paso pola provincia de Ourense por un importe de 78,30 millóns de euros, segundo informou Adif.

Trátase da execución da vía esquerda do túnel de Prado, de 7,6 quilómetros de lonxitude. A infraestrutura enmárcase no tramo Prado-Porto desta liña.

O grupo que preside Florentino Pérez executará estes traballos, que teñen un prazo de construción de 33 meses, a través das súas filiais de construción Dragados e Tecsa.

En canto á evolución da construción do AVE a Galicia, Adif indicou que entre Olmedo (Valladolid) e a capital ourensana (324 quilómetros de traxecto) unicamente restan por entrar na fase de obras os tramos de acceso a Ourense (de 17 quilómetros de lonxitude). Tamén resta o acondicionamento do túnel de Padornelo (de 7,3 quilómetros), actuación prevista para despois da entrada en servizo da nova infraestrutura.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar