Alerta en todo o litoral

 

O litoral Norte galego estará este martes en alerta laranxa por mar de fondo, mentres que a costa de Pontevedra tamén afrontará un adverso meteorolóxico de nivel amarelo, de acordo coa información de Aemet e Meteogalicia.

O organismo galego prevé que unha borrasca que estará centrada preto das illas británicas provoque mar de fondo con ondas de ata 4 metros e avisa do risco de nivel amarelo dende a media noite ata as 12.00 horas. A partir deste momento, a alerta pasa a nivel laranxa na Mariña e na costa Noroeste da Coruña, aínda que se mantén o aviso en nivel amarelo para o resto do litoral.

Ademais, as dúas axencias meteorolóxicas avisan de que as condicións no mar non mellorarán o mércores, para cando tamén prevén risco importante no litoral galego por mar de fondo e ondas que, de novo, superarán os 4 metros.

Máis información AQUÍ

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar