O rexistro Rede recibe 760 solicitudes de acceso a Internet no Rural

 

O Rexistro de Demandantes ReDe permitiu atender un total de 765 solicitudes de cobertura de Internet do Plan de Banda Larga da Xunta. Esta aplicación informática foi posta en marcha en xaneiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para que os cidadáns puideran consultar a situación do Plan de Banda Larga no seu núcleo de poboación e rexistrar a súa demanda de servizo en caso de carecer de cobertura.

A día de hoxe resolvéronse máis do 75% das demandas rexistradas e as restantes estanse a tramitar. ReDe está dispoñible na páxina da Axencia para a Modernización Tecnolóxica imit.xunta.es, e recibiu máis de 8.500 visitas, unha media de 380 diarias en menos de dous anos.

FERRAMENTA SINXELA
ReDe é unha ferramenta de consulta sinxela e de fácil manexo. O usuario interesado en coñecer os avances do Plan na súa zona a través de ReDe só precisa un ordenador con conexión a Internet e un navegador web. para acceder á paxina web cobertura-pdbl.xunta.es .

Unha vez seleccionado o núcleo o usuario visualiza un mapa no que se indica a situación actual de cobertura na zona que está a proporcionar o Plan de Banda Larga e cal dos operadores é o responsable do despregamento. No caso de que as actuacións do Plan, que se prolongarán ata finais de 2013, no chegaran á zona se informa de cando se porán en marcha. Aquelas persoas sen acceso á Internet poden cubrir un formulario cos seus datos quedando rexistrada a súa demanda. Esta información permite ademais realizar un seguimento do plan e contribúe á planificación das actuacións previstas.

ACTUALIZACIÓN DE DATOS
O Plan de Banda Larga, que ten en marcha todas as actuacións previstas, permitiu o acceso á Internet a máis de 570.000 galegos que carecían de cobertura en 2009. Grazas aos despregamentos do Plan a porcentaxe de poboación con cobertura pasou do 71% en 2009 ao 92% a día de hoxe.
Estas actuacións continuarán ata o 2013 ata chegar ao 100% da poboación. Por iso, a información de ReDe estase a actualizar a medida que avanzan os despregamento das actuacións do Plan de Banda Larga.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar