Visto para sentenza o xuizo por aldraxe do presidente da Mesa pola Normalización

O xuízo contra o presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, celebrado este venres no Xulgado de Instrución número 2 de A Coruña por un delito de aldraxes contra o xuíz decano da cidade, Antonio Fraga Mandián, quedou visto para sentenza.

Durante a vista, Callón defendeu que realizou «unha crítica lexítima» ás declaracións do xuíz decano nas que aseguraba non ter «ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo A Coruña. Declaracións que o presidente de A Mesa acusou de «veraces» e polas que acusa a Fraga Mandian de incumprir a Lei de Normalización Lingüística.

Mentres, no xuízo, Fraga Mandián indicou que catro anos despois de que aconteceran estes feitos «seguen tendo transcendencias» e indicou que supoñen un dano á súa «honra» posto que «deu pé» a «unha serie de comentarios» que aludían á súa persoa.

Ao respecto, comentou que se aludiu a que «cometera outra serie de ilegalidades». «O que me din é que son un xuíz corrupto», dixo o ex xuíz decano de A Coruña sobre critícalas verquidas polo presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística. Por todo iso, solicita unha indemnización de 15.000 euros por danos morais e unha multa de 300 euros.

Antes de entrar á sala de vistas, Fraga Mandián indicou, a preguntas dos medios, que esperará a que se dite sentenza aínda que adiantou que, de non estar conforme, recorrerán. Pola súa banda, o presidente de A Mesa defendeu o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística e espera que «se faga xustiza» e se lle absolva.

CONCENTRACIÓN

Minutos antes de que comezase o xuízo en A Coruña, medio centenar de persoas concentráronse á entrada dos Novos Xulgados en apoio a Callón, entre elas, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

En declaracións aos medios, Vázquez afirmou que o xuízo «nunca debería ter lugar» antes de asegurar que «vivimos nun mundo ao revés onde se criminaliza a defensa do idioma galego e a vulneración da lei goza de impunidade».

Precisamente, preguntado sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra o decreto do galego, Vázquez apostou pola súa derrogación e criticou que ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, «tanto lle ten o que digan os tribunais».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar