Un escape de gas pon en perigo a vida de dous maiores en Outes

 

Dous anciáns recibiron atención médica na mañanciña deste venres tras un escape de gas a súa vivenda en Outes, no lugar de Piñeiro, segundo informan a Europa Press fontes do 112.

ÁS 5.15 horas, o servizo de emerxencias recibiu unha chamada por un posible escape de gas, polo que mobilizou urxencias médicas, que, á súa vez, enviou unha ambulancia pola presenza de dúas persoas de avanzada idade con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono.

Tamén acudiron ao lugar bombeiros de Boiro, voluntarios do Grumir de Noia e a Garda Civil. Os bombeiros realizaron medicións que, nun primeiro momento, resultaron positivas. Tras ventilar a vivenda, as persoas non tiveron que ser trasladadas pero si se lles aconsellou non pasar a noite na vivenda. O 112 apunta a unha cociña de ferro que non tiña ben o tiro como posible causa do escape de gas.

Por outra banda, un incendio urbano en Cervo (Lugo), no lugar de Sargadelos, queimou dúas vivendas –unha por completo e a outra parcialmente– na media noite do venres sen danos persoais. Bombeiros de Viveiro sufocaron as lapas e tamén colaboraron na extinción Grumir de Cervo e Garda Civil.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar