O BNG reclama a comparecencia de Guindos no Congreso sobre o futuro do banco

 

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) rexistrou este venres no Congreso senllas peticións de comparecencia do ministro de Economía e o gobernador do Banco de España, Luis de Guindos e Luis María Linde, respectivamente, para que expliquen o futuro de Novagalicia Banco (NCG) tras o seu proceso de reestruturación.

Segundo consta nas peticións, que recolle Europa Press, as diferentes declaracións que se produciron dende que a Comisión Europea (CE) aprobou o plan de reestruturación da entidade están a xerar «gran preocupación e alarma en Galicia», o que fai necesario que De Guindos e Linde informen a Comisión parlamentaria de Economía sobre o futuro da entidade.

En concreto, os nacionalistas galegos piden que o titular de Economía «aclare a enorme confusión xerada polas afirmacións do Banco de España en relación a unha inminente venda e saída a poxa de NCG en 2013 ou, en caso de non existir compradores, a liquidación» en 2017″.

«Estas afirmacións foron seguidas por posteriores desmentidos que están a provocar unha grande alarma en Galicia, en concreto no sector económico,», engade a petición, que sinatura a voceiro parlamentaria do BNG, Olaia Fernández Davila. Ademais, reclama explicacións ao propio gobernador do Banco de España sobre as afirmacións neste sentido dun «alto cargo» do organismo

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar