Ryanair reducirá vóos de Santiago a Madrid e Barcelona na tempada de verán

A aerolínea irlandesa de baixo custo Ryanair anunciou en rolda de prensa a redución dun 35% e un 23% da oferta de voos que ten en Madrid e Barcelona, respectivamente, pola subida de taxas realizada por AENA en xullo. Esta medida reducirá a frecuencia das ligazóns de Santiago á capital española e a cidade condal na tempada de verán.

Se se mantivese o mesmo tráfico que Ryanair tivo en 2012 durante o próximo ano, o custo operacional tendo en conta a subida de taxas sería de 75 – 80 millóns de euros, segundo a compañía.

   Segundo comunicou o vicepresidente da aerolínea irlandesa, Michael Cawley, na rolda de prensa deste mércores en Madrid, está acción farase efectiva a partir do 30 de marzo de 2013, salvo que “a empresa aeroportuaria impoña as mesmas taxas que tiña antes”, asegurou Cawley.

En Madrid, teñen previsto deixar 10 avións, dos 14 que posúen na actualidade e cancelar 13 rutas, entre as que destacan importantes destinos como Frankfurt (Hahn), Londres (Gatwick) e Turín a nivel internacional, e Almería e Xirona, a nivel nacional.

Ademais, pretenden reducir as frecuencias doutros 22 itinerarios, para pasar de 782 voos semanais a 510, polo que rutas a Roma, Milán (Bérgamo) e Bruxelas (Charleroi) verían diminuídas o seu tres frecuencias semanais actuais en dúas ou unha, segundo Cawley.

En canto a Barcelona, a redución da oferta do 23% nos seus voos traduciríase no uso dun avión menos e a cancelación de catro rutas, así como 170 voos semanais menos noutros 20 traxectos.

Aínda que non se concretou o número de ligazóns que afectaría a Lavacolla, a aerolínea inclúe ao aeródromo compostelán entre os destinos que verán reducidas as súas frecuencias de ligazón tanto con Madrid como con Barcelona.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar