A instalación na Alameda compostelá da pista de xéo dobra a súa capacidade

Xustamente o dobre que a do ano pasado na Quintana, 70 metros de longo, é o espazo que ocupará a carpa da pista de xeo que se instalará na Alameda de Santiago este ano, cun área de patinaxe total de 42 metros, fronte aos 27 na súa anterior ubicación. Isto permitirá que ata 175 patinadores, poidan utilizala á vez, o dobre tamén que o ano pasado

A nova ubicación na Alameda, permitíu ampliar tamén o espazo que rodea a pista de patinaxe, con maior disponibilidad agora para os serivzos comúns, como o aluguer de patines que igualmente irá incluido nos prezos. En total, o equipamiento ocupará 650 metros cadrados no paseo central dos que 500 serán para a pista xeada, que a súa promotora, a firma galega Invernalia Ice Park, adoita limitar o uso con esas dimensións a entre 120 e 150 persoas, para garantir maior comodidade, pero dispón dese marxe para axilizar as colas que, como o ano pasado chegaron a ser de ata dúas horas de espera, nas xornadas de maior demanda.

Os usuarios dispoñerán dunha decena de andadores para axudarlles na súa aprendizaxe, un elemento especialmente atractivo para os máis pequenos e os proxenitores e acompañantes, poderán tomarse un café ou un chocolate mentres esperan polos seus fillos ou parellas, no ambigú integrado tamén na instalación. A carpa será transparente e adaptada á contorna e a pista, de última xeración e con capacidade para aforrar preto dun 40 % de consumo eléctrico con respecto ás convencionais, fabricarase especialmente para o lugar que ocupará na Alameda.

A instalación da carpa comezará mañá previsiblemente, e o domingo a fabricación da capa de xeo. O proximo mércores día 5 inaugurarase a pista é permanecerá case dous meses en Compostela, ata o 1 de febreiro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar