O parque de atraccións «Pazolandia» estará activo en Ourense este Nadal

"Pazolandia", na edición de 2011

 

Un ano máis, a Deputación de Ourense está a ultimar os preparativos de PAZOLANDIA, o maior parque de atraccións de Galicia, que cada nadal se instala no Pazo dos Deportes “Paco Paz” de Ourense para goce de nenos e xoves. O equipo que coordina as actividades, obradoiros e atraccións coas que contará «Pazolandia» nesta convocatoria está e rematar o programa de 2012-2013, que novamente volverá encher as instalacións do Pazo dos Deportes de miles de nenos e as súas familias para pasar uns días de ocio e lecer acompañados da maxia do nadal.

 

«Pazolandia» abrirá as súas portas nas tradicionais datas de nadal, entre decembro de 2012 e xaneiro de 2013, e nos vindeiros días farase a presentación oficial do evento na Deputación de Ourense, convocatoria na que se detallará polo miúdo o programa deste ano.

 

A pesares dos difíciles tempos que a sociedade está a padecer, a Deputación de Ourense considera que as actividades vencelladas aos máis pequenos son, xunto cos servizos sociais, as que menos se deben ver afectadas pola crise. Por este motivo, e fiel a súa tradición dende fai dúas décadas, «Pazolandia» volverá este nadal a abrir ás portas á ilusión dos máis novos.

 

O evento, patrocinado pola Deputación de Ourense, porá a disposición dos nenos uns 8.000 metros cadrados de instalacións durante os días que durará esta feira de ocio e lecer.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar