Dotación co plan LIA de lectores electrónicos a bibliotecas de 25 centros

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria potenciará o plan LIA cunha dotación de lectores electrónicos ás bibliotecas escolares de 25 centros educativos da comunidade autónoma.

Nun comunicado, o departamento autonómico explica que seleccionará aos 25 centros de entre os que se integran no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) e que o soliciten antes do 10 de decembro.

Para o proceso selectivo para acollerse a este proxecto piloto, valorarase o compromiso da comunidade educativa coa biblioteca como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, de acordo coa memoria presentada no curso 2011/2012, ou co proxecto presentado para a súa incorporación no Plambe.

Así mesmo, darase prioridade aos centros instalados nas zonas rurais e buscarase unha distribución por todo o territorio galego.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar