Servizos mínimos noutra xornada de folga de autobuses en Vigo

   Os traballadores da empresa da concesionaria do transporte público de Vigo, Vitrasa, convocaron para hoxe luns, unha nova xornada de folga, na que haberá servizos mínimos na cidade olívica.

O comité de empresa da compañía de autobuses urbanos de Vigo reclama un convenio que contemple un incremento salarial do 1 % sobre un IPC do 3,5 por cento; 25 días laborables de vacacións ou que se paguen as horas extra en tarifa distinta á normal (10 euros).

Tras celebrar unha xornada de folga o pasado 19 de novembro, os traballadores convocaron novos paros para este luns e no caso de que non se chegue a un acordo coa empresa, proseguirán o xoves, 29 de novembro. Na actualidade, Vitrasa ten máis de 300 traballadores, dos que uns 270 son condutores de autobús.

Segundo informa Vitrasa na súa páxina web, as liñas que non funcionarán este luns son: C2, L13, C15B, C16, L18, C22, L23, PSA 1,2 e 3; P.M.R., P.T.L. e N1. Pola súa banda, o resto de liñas estarán activas de forma restrinxida con servizos mínimos, polo que a empresa pide desculpas aos usuarios polas molestias.

Respecto diso, Vitrasa xustifica que a demanda de subida salarial é «inasumible» para a compañía «neste contexto de crise económica», á vez que asegura «estar facendo todos os esforzos para garantir todos os postos de traballo».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar