Pachi Vázquez califica de «duro» o resultado dos socialistas cataláns

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, cualificou este luns de «difícil» e «duro» o resultado obtido polo PSC nas eleccións catalanas, aínda que sexa «mellor do esperado», en declaracións aos xornalistas antes de participar na reunión da Comisión Executiva Federal do PSOE.

Ademais, Vázquez admitiu que, unha vez pasadas todas as eleccións autonómicas, é o momento de que os socialistas  se póñan a debater a fondo o seu modelo territorial. «O momento sabémolo todos, estamos traballando niso e unha vez pasadas todas as autonómicas é cando temos que empezar a traballar máis profundamente», sinalou.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar