Arias Cañete chama ao sector lácteo a «un esforzo de concentracion»

   O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, instou ao sector lácteo galego a realizar un «esforzo de concentración de produtores» para afrontar os problemas xerados pola baixada do prezo do leite.

Coincidindo coa rolda de prensa que ofreceu no marco da Conferencia Internacional de Acuicultura, na que se reuniu cos secretarios xerais dos sindicatos Unións Agrarias (UU.AA.), Xóvenes Agricultores (XX.AA.) e Sindicato Labrego Galego (SLG), dixo que o Goberno é «consciente» do problema dos prezos «en todas as comunidades autónomas», precisou.

Tamén admitiu que en Galicia os prezos son «máis baixos», unha cuestión que se comprometeu a «analizar» con reunións, a partir da próxima semana, coa industria e a distribución para atopar «un consenso».

Non obstante, recalcou que Galicia ten tamén traballo e rexeitou, tras as declaracións feitas polos secretarios dos sindicatos agrarios, que no encontro «derivase» a responsabilidade a este respecto á Xunta de Galicia.

«Aquí non hai unha organización de produtores potente», remarcou Arias Cañete, quen instou ao sector a «liderar» o proxecto para a concentración de produtores, a través de cooperativas. Mentres, considerou que o labor dos poderes públicos debe ser «apoiar» estas iniciativas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar