A Radio Galega e a TVG emitiron o ano pasado 61.000 horas en galego

 

A CRTVG, a través dos suas catro canles de televisión e dos tres de radio, emitiu durante o ano 2011 un total de 61.000 horas en galego das que 5.700 corresponderon a programas culturais e divulgativos, 2.600 a contidos infantís e 10.700 a espazos informativos. Así mesmo, 2.800 horas de emisión estiveron centradas na atención a minorías e 750 na promoción do talento galego.

Así o recolle o primeiro informe de Responsabilidade Social Corporativa publicado pola CRTVG, no que o ente evalúa o seu compromiso cos Dez Principios do Pacto Mundial de Nacións Unidas en materia de dereitos humanos, laborais, medio ambientais e de loita contra a corrupción.

O documento fai referencia tamén ao desenvolvemento de 78 accións en defensa da cultura e o establecemento de oito convenios para favorecer proxectos plurais, así como tamén o apoio de iniciativas sociais coa sinatura de seis convenios e 18 accións para a integración das persoas con discapacidad e en apoio da igualdade entre homes e mulleres.

Así mesmo, o informe destaca que a CRTVG é unha das televisións autonómicas españolas  máis activas no uso da lingua de signos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar