A Deputación de Ourense renova o parque móvil mediante renting

O presidente da Deputación de Ouense, Manuel Baltar, la recepción dos novos veículos

 

Aforro e protección do medio ambiente son os obxectivos que se marca a Deputación de Ourense co programa de renovación do parque móbil, contemplado no Plan de xestión e estratexia operativa Ouresnee 92. A iniciativa púxose en marcha hoxe coa adquisición de 11 vehículos mediante renting, modalidade que permite, entre outras vantaxes, acceder a un vehículo sen afrontar un importante desembolso; dispoñer de liquidez en tesourería para outros gastos e investimentos, e agrupar non pago mensual todos os trámites e gastos asociados ao uso de cada vehículo.

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto cos técnicos Javier Martínez de Anta e José Fírvida Rodríguez, asistiu hoxe no Parque de Maquinaria da institución provincial, no Polígono industrial de San Cibrao das Viñas, á entrega dos 11 primeiros vehículos da nova flota. Baltar afirmou que a renovación do parque móbil “mellora a eficiencia e as condicións laborais dos traballadores, optimiza recursos e permite dispoñer dunha flota máis eficiente e ecolóxica para a preservación do medio ambiente e a redución das emisións de CO2”.

 

Esta primeira actuación incluíu a adquisición de 11 vehículos, entre turismos e furgonetas, coa entrega de 29 vehículos propiedade da Deputación de Ourense. Condicións inexcusables para adquirir os vehículos eran que cumprisen a normativa de anticontaminación Euro5, ter uns consumos medios reducidos e unhas mínimas emisións de CO2 (g/km). As especificacións técnicas dos vehículos sinalan, asemade, que teñen menor impacto ambiental e menor contaminación acústica que os entregados, e polo tanto o seu consumo e mantemento son máis económicos e sostibles.

 

O Centro Único de Contratación, recentemente posto en marcha pola Deputación de Ourense, encargarase de facer o seguimento dos contratos de renting, en colaboración co responsable do Parque de Maquinaria da institución provincial.

 

O Plan OURENSE 92 contempla no apartado do parque móbil a modernización e unificación do mesmo (móbil e de maquinaria) como flota única da Deputación para acadar unha distribución máis eficiente, así como a creación dunha oficina administrativa única e a instalación dun programa de xestión de flotas a través de GPS para controlar as rutas e favorecer o aforro de tempos e combustible. Tamén inclúe a posta en marcha dun sistema de control de horarios de comezo e fin dos diferentes servizos e a realización de cursos prácticos para perfeccionar aos traballadores no manexo da maquinaria.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar