Tres aldeas sen teléfono polo roubo do fío de cobre

200 vivendas de tres aldeas de Cuntis en Caldas de Reis, sufriron un corte da liña telefónica desde este domingo 18 de novembro debido ao roubo de 200 metros de cable de cobre no polígono industrial da Ran.

Foron os veciños das aldeas de Estacas, Sobrada e Xirei os que denunciaron o corte telefónico. Tras desprazarse o responsable do departamento de Obras, Manuel García, ata a zona alertó á Garda Civil do roubo do cableado. A empresa Telefónica está tratando agora de repoñer a infraestructura para que se restaure por completo, nas próximas horas, a comunicación nestas vivendas.

Nos últimos anos é habitual o roubo deste tipo de cableado debido ao elevado valor que o cobre alcanza no mercado. O quilo de cobre pelado pode alcanzar un prezo de cinco euros. A Garda Civil está investigando o caso. A principios deste mes de novembro foi detida unha banda que roubara nas zonas da Estrada e Moraña.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar