Pilar Rojo prevé unha lexislatura moi activa en declaracións a TVG

A reelecta presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, manifestou en declaracións a Televisión de Galicia que a novena lexislatura que está a piques de comezar será dunha intensa actividade lexislativa, que comezou xa con tres iniciativas parlamentarias.

Preguntada pola negativa a ampliar a Mesa do Parlamento de cinco a sete membros para acoller nela aos catro grupos políticos que fronte aos tres da pasada lexislatura conforman agora o arco parlamentario galego, respostou que sería unha medida mal vista polos cidadáns despois de que se plantexera a reducción de número de deputados de 75 a 61, cuestión que, segundo apuntou, será tratada no novo ciclo político.

Pilar Rojo concedeu gran importancia a proximidade dos cidadáns nun momento en que os sondeos de opinión apuntan a un distanciamento cos políticos.

A presidenta do Parlamento aceptou de bo grao a suxerencia de «morder a lingua» formulada polo entrevistador nos casos nos que se crea un ambiente de tensión pola confrontación de posturas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar