Os traballadores demandan a continuidade da Obra Social das caixas

Antigo Centro Social de Caixanova en Santiago

O persoal da Obra Social de NCG reclama o mantemento da reversión dos beneficios da nova entidade no destino social e cultural que sempre habitual no funcionamento das caixas.

En concreto, plantexan como única oforma de preservar a obra social o mantemento dos servizos, conservación dun patrimonio “que é froito do aforro popular” así como o emprego directo e indirecto.

Con esta finalidade, o colectivo de traballaores ven de enviar unha carta ao vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, na que fan ese plantexamento no contexto do actual proceso de reesturación financeira.

Os traballadores reclaman unha solución de continuidade ao modelo de economía social que representan as Caixas de Aforros, e que os beneficios futuros dos bancos derivados de Caixas de Aforros, sigan revertindo en Obra Social e en Galicia.

              Texto íntegro da carta ao vicepresidente da UE

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar