Xornadas formativas para integrar lingüística e culturalmente ao alumnado extranxeiro

Política Lingüística, inaugurou onte as xornadas formativas para equipos de dinamización da lingua galega Acollendo en Galego. Integración Lingüística e Cultural do Alumnado de Procedencia Estranxeira, que se desenvolverán hoxe no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). No acto inaugural, acompañou ao Director Xeral de Política Lingüística, Valentín García, a coordinadora territorial dos equipos de dinamización da lingua galega da provincia de Pontevedra, Concepción Díaz Candán.

Valentín García apelou á súa propia experiencia como fillo de emigrantes para explicar que a incorporación exitosa a unha nova sociedade debe asentarse en dous piares: o respecto e a valoración da cultura que cada neno ou nena trae do seu país e mais o coñecemento e a incorporación como propia da cultura de acollida, para o que é imprescindible que os estudantes coñezan e aprecien a lingua galega.

O secretario xeral afirmou que “se non somos vítimas dos nosos propios prexuízos, presentarémoslles aos nosos novos alumnos o idioma de Galicia como unha oportunidade que lles ofrecemos, como unha riqueza cultural e un instrumento necesario para a súa integración”.

Formación para equipos de dinamización da lingua galega
As xornadas formativas Acollendo en Galego. Integración Lingüística e Cultural do Alumnado de Procedencia Estranxeira, organizadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), responden ás funcións que ten atribuídas o primeiro destes organismos en canto á coordinación, á formación e á difusión do labor dos equipos de dinamización da lingua galega.

O tema escollido, a atención ao alumnado inmigrante, foi suxerido polos membros dos equipos de dinamización que asistiron a edicións anteriores de sesións formativas semellantes. Con el dáselle resposta á preocupación dos docentes por axudar o alumnado estranxeiro a valorar a lingua galega, a aprendela e a progresar  nas materias impartidas neste idioma.

O programa das xornadas inclúe relatorios de grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e comunicacións con experiencias prácticas realizadas en distintos centros educativos que acollen numeroso alumnado inmigrante. Pode consultarse completo na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar