Os productos galegos do mar deben ser diferenciados no mercado

A conselleira do Medio Rural e do Mar en funcións, Rosa Quintana, aposta pola diferenciación dos produtos do mar galegos para acadar “unha boa posición no mercado”. Díxoo durante a clausura das XVII Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro, celebradas en Celeiro, onde a conselleira definiu esta iniciativa como “unha folla de ruta para traballar no futuro do sector pesqueiro galego, español e mundial”.

Rosa Quintana tamén recalcou a importancia de conseguir mantendo a competitividade do sector pesqueiro que pasa pola potenciación do I+D+I e por investir na pesca sustentable para achegar vantaxes na competencia global. Neste sentido, reiterou a aposta do seu departamento por acadar unha actividade sustentable nos eidos económico, social e ambiental, ao tempo que trasladou que “por este motivo debemos desenvolver accións que aseguren unha competencia xusta e igualitaria nestes eidos”.

 

A conselleira tamén fixo referenza á necesidade de promover unha estrutura integrada ante a extracción, a transformación e a comercialización como fórmula para crear valor engadido porque “Galicia debe ser exemplo de unidade e coordinación, facendo deses valores a base do futuro”, dixo.

A titular de Medio Rural e do Mar destacou a importancia de levar a cabo xornadas coma esta porque achegan novas formas de actuación e novos modos de ver e enfocar os cambios que día a día se producen no noso sector marítimo e poñen de manifesto unha vez máis que, no mundo da pesca, “a nosa Comunidade é un referente e unha potencia á que hai que mirar con respecto e atención” sentenciou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar