José Crespo presenta o premio de xornalismo gastronómico «Álvaro Cunqueiro»

O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado polo concelleiro delegado de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández, presentará o próximo luns, día 19 de novembro, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, en Pontevedra, a XIX Premio Nacional de Periodismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”. Será nun acto que contará coa presenza do decano da dita Facultade pontevedresa que pertence á Universidade de Vigo, Juan Manuel Corbacho e a do seu homólogo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Pereira.

Nesta décimo novena edición deste prestixioso Premio, o galardón gastronómico máis importante de España, promovido polo Concello de Lalín, preténdese dar un novo pulo á participación dos xornalistas, comunicadores e publicistas noveis mediante a implicación e colaboración activas da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago, que xa colaborou na pasada edición, e da de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Deste xeito, haberá un premio específico para o mellor traballo académico -prensa, radio, televisión e web- dedicado á gastronomía que presenten os/as alumnos/as de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual de toda a xeografía nacional co fin de potenciar aos novos valores da profesión xornalística. A presentación de traballos quedará aberta desde o vindeiro luns.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar